Luces e sombras da internet

Luces e sombras da internet
26 de Outubro, 2022 - 08:50 h. | Publicada por Radio Fene

Adolescencia, acoso, homosexualidade. Aborda estes temas que poden resultar tan difíciles na vida da rapazada Andrea Maceiras na súa novela “Que me pare o corazón se te esquezo”. Está ben lograda a intriga e os xiros argumentais causan sorpresa á persoa lectora. Con esta obra, editada por Xerais, Maceiras ganou o Premio Raíña Lupa  de Literatura Infantil e Xuvenil que concede a Deputación da Coruña.

ESCOITA O PODCAST:
Fotografía Xan Xe

“A miña intención na novela era expoñer as luces e as sombras da internet e o mundo virtual, das redes sociais que hoxe en día están tan integradas na nosa vida, sexamos adolescentes ou non”, explicou a autora no Club de Lectura de Radio Fene. 

Como a maioría das cousas da vida, sempre hai matices. “A internet e as redes sociais teñen moitas cousas boas, penso, por exemplo, nas comunidades lectoras e na posibilidade que ofrecen para que nunca te sintas so ou soa na problemática que teñas. E tamén na outra cara da moeda, neste universo que mal enfocado ou mal comprendido nos pode abocar a ver a realidade de maneira distorsionada”, aclara. “Na historia aparecen as súas vertentes das redes sociais. As personaxes transitan esa ambivalencia e comprenden que ambas realidades están presentes no mundo virtual”. 

 

Fotografía Xan Xe

Cultura

Publica o teu comentario agora