Luis Calvo a polo cumio do Empire State Building

Luis Calvo a polo cumio do Empire State Building

28 de Xaneiro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Negreira

O atleta negreirés Luis Calvo Castro, natural da parroquia de Logrosa, protagonizará o vindeiro martes día 1 de febreiro un dos retos deportivos máis esixentes da súa traxectoria coma deportista. Trátase da famosa subida ás 86 plantas do edificio máis famoso da cidade de Nova York (Estados Unidos), o Empire State Bulding, e a través dos 1.576 peldaños de escaleiras ata chegar ó cumio deste rañaceos aberto en 1931.

Non será o primeiro galego que participe na considerada coma a raiña das probas deste tipo no mundo. Precisamente, un ourensán que viviu en Nova York e que participou na edición do ano 2002 como é Gonzalo Jaque, promotor da coñecida subida ó Gran Hotel Bali de Benidorm, considerado o hotel máis alto de Europa coas súas 52 plantas. 

Gonzalo Jaque propúselle a outros dous ourensáns participar na subida ó Empire State, e foron éstos quenes lle falaron de Luis Calvo, vencedor no 2007 no Anglirú, e segundo no 2008, tamén subiu ó cumio do Tourmalet (Francia), e máis recentemente gañou o Campionato de Galicia de cross, amén da súa experiencia coa bicicleta, xa que di, o gañador no Empire State nos últimos cinco anos, un alemán, práctica ciclismo de montaña especializado en subidas.  

Luis Calvo, que viaxará acompañado do seu bo amigo Alberto Trillo, da parroquia de Portor, foi escollido entre os cen participantes dunha selección por tempos e palmarés de máis de 20.000 solicitudes. Lucirá unha camiseta blanca co escudo e o nome do Concello de Negreira, que se brindou desde o primeiro momento a colaborar cunha achega económica que lle cubrirá os gastos da viaxe e a estadía de tres días na cidade dos rañaceos.  

O veciño de Negreira confía en baixar o seu rexistro dos once minutos, xa que o gañador da última edición, o corredor alemán Thomas Dold fíxoo en 10 minutos e 16 segundos, aínda que este economista de 24 anos, xa o subiu en 10 minutos e 7 segundos no ano 2008.  

Ademais de ter que subir 86 pisos a cen, os participantes máis rápidos enfróntanse ao complicado reto de adiantarse á masa que se apretuxa para acceder ao emblemático rañaceos de Nova York e ascender todas as escaleiras sen fiestras que levan ao miradoiro.  

Con 102 plantas, o edificio, situado na Quinta Avenida á altura da rúa 34 de Manhattan, conta con 1.860 peldaños dun metro vinte de ancho, e que chegan ata o seu último piso, aínda que a carreira remata no miradoiro que hai un pouco antes, no piso 86, e desde o que se contempla unha vista única da cidade de Nova York, con máis de vinte millóns de habitantes.

Enlace da páxina oficial do Empire State Building Run:  www.nyrr.org/races/2011/r0201x00.asp.

Deportes