Luis Martins (Deolinda): “Cando actuamos en Galicia non nos sentimos fóra de Portugal”

Luis Martins (Deolinda): “Cando actuamos en Galicia non nos sentimos fóra de Portugal”

08 de Outubro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

“Un gran entendemento e un interese xenuíno” perciben os portugueses Deolinda cando actúan ante público galego. “É como unha extensión de Portugal, non nos sentimos fóra do país”, explicou en Radiofusión un dos integrantes da banda, Luis Martins. Tanto el como os seus tres compañeiros (Pedro da Silva Martins, Ana Bacalhau e Zé Pedro Leitão) terán oportunidade de revivir esas sensaci&o

Na cidade da Muralla soarán os temas dos seus dous discos, Canção ao lado e Dois selos e um carimbo, así como o tema Parva que sou, no que poñen voz á indignación da mocidade ante a crise e a precariedade laboral. “Para nós é moi importante que as cancións teñan conciencia e poidan intervir socialmente”, explica Luis Martins, quen se confesa abraiado pola gran repercusión que obtiveron con versos como “que mundo tão parvo onde para ser escravo é preciso estudar”.

Bebendo das raíces musicais lusas, e cantando en portugués, Deolinda está a percorrer os escenarios de distintos recunchos do planeta. Neste mundo globalizado, opina Martins, o que se demandan son grupos “con identidade” e que teñan detrás unha “proposta artística”.

Cultura