ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
As lumbalxias non son só de xente maior. Un futbolista do Barcelona é baixa esta semana por lumbalxia. Fai deporte e conta cun equipo médico de fisioterapeutas e rehabilitadores físicos completo. E a pesar de todo padecen das costas. Os problemas da columna vertebral non son exclusivos da xente maior, segundo explicou esta mañá no espazo Vilanova da Fenestra de Radio Fene o graduado en Ciencias do Deporte José Barcia.
Ante a dor de costas o primeiro é ir ao médico para que el realice un diagnóstico das causas dese problema. Cando o persoal sanitario de a súa conformidade, pode empezar a traballar o fisioterapeuta ou o monitor deportivo avaliando antes as posibilidades da persoa nese momento. Unha lumbalxia pode estar causada por problemas gastrointestinais. O que pasa na nosa mente, pode afectar ao noso corpo.
Publica o teu comentario agora