Lumbrigantes, centolas e cigalas

Lumbrigantes, centolas e cigalas
24 de Outubro, 2025 - 09:43 h. | Publicada por Radio Fene

Lumbrigantes, centolas e cigalas "nadan" dende esta mañá no viveiro instalado na peixería A Greta da Avenida Naturais de Fene. Comparten habitat cunha pedra extraida do mar en Corcubión, segundo confesou o propietario do establecemento Alberto Pazo. A Greta completa con marisco vivo a súa oferta que xa inclue peixe fresco traido todos os dias da lonxa da Coruña. 

Peixería A Greta. Fene

O lumbrigante, tamén chamado cereixo, é un crustáceo caracterizado polo seu primeiro par de patas rematado en grandes pinzas. Esta mañá tamén ofrecía A Greta, sardiñas cheas de graxa Omega 3, raias, parrochiñas, filetes de bacallao, cariocas, rodaballos, calamares, meigas, xureliños, peixe sapo, salmón, mexilón, robalizas e douradas. E ameixa babosa servida por Mariscos Riobó e variados de conxelados. 

Sociedade

Publica o teu comentario agora