Luminosidade e simpatía

Luminosidade e simpatía
15 de Xaneiro, 2022 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

Pretenden chegar aos profesionais da perruquería pero tamén á clientela en xeral. Sonia Cendán de Beauty Suministros Cosméticos Profesionais afirma que o pequeno comercio atravesa un momento complicado. Abriron as súas portas aínda non hai un mes na esquina da avenida Marqués de Figueroa coa rúa do Lameiro, nun baixo cheo de luz en Perlío Fene.

ESCOITA O PODCAST:

O principal reto das perruquerías é fidelizar á clientela, na opinión de Sonia. Xampús, maquillaxes, unllas, barbería, extensións de pelo, cremas, infantil, desbotables compoñen a oferta comercial de Beauty un novo establecemento que abriu as súas portas na avenida Marqués de Figueroa en Perlío. Beauty Suministros de cosmética profesional. Un proxecto ilusionante que rebosa simpatía e luminosidade na avenida Marqués de Figueroa de Perlío.

Sociedade

Publica o teu comentario agora