ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
A cantante de Boimorto acudiu ao restaurante Barreiro acompañando ós 360 veciños e veciñas, nunha cita que persegue concienciar e recadar fondos para a investigación. Pasaban xa das 14.30 horas, cando máis dun empezaba a apañar distraidamente no pequeno boliño de pan. Foi entón cando fixo a súa entrada a última das comensais e todo o comedor do restaurante Barreiro saltou polos aires cun estruendoso aprauso. De súpeto
Deste xeito a de Boimorto quixo ser unha ordense máis deses 360 que coa súa asistencia deixaron ben claro estar dispostos a axudar e contribuír para erradicar a que é unha das plagas deste século. Con estas cifras pódese falar dunha caixa de preto de 2000 € destinados integramente á investigación. Entre os que non faltaron á cita estiveron a presidenta da Asociación Española Contra o Cancro da provincia da Coruña, Elena Viturro; Marcos Calvo, psicólogo da asociación; Beatriz Bernárdez, xefa de farmacia do hospital de día ou Emilia Vázquez Pardo, presidenta local. Tampouco faltaron rexedores de concellos da comarca e o alcalde de Ordes.
No seu turno de palabra Martínez Sanjurjo destacou a “concienciación de hábitos de vida saudables, a investigación e o asesoramento”que se presta dende a AECC. Unha entidade que conta cun “plus de alto valor engadido". O alcalde falou en clave positiva, incidindo na “importancia que ten a prevención e a interiorización de hábitos saudables”. Pola súa banda a protagonista da xornada, Luz Casal, falou do primordial que é “non sucumbir ao medo e transformalo en fortaleza para acadar a vitoria nesta loita”.