ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O catedrático e membro da Real Academia Galega Bernardino Graña compuxo o poema Luz de novembro, un dia despois da morte do dictador Francisco Franco. Graña participou en 1958 na formación do Grupo Brais Pinto e foi impulsor e primeiro presidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega.
O pasado venres, por primeira vez na historia a cidadanía puido acceder ao interior da mansión adquirida en plena guerra civil mediante “extorsión” aos funcionarios da provincia, e regalada á familia Franco.
Ao fío deste suceso seleccionamos o poema Luz de novembro, de Bernardino Graña. Trátase dun poema adicado á morte de Franco. Escrito o 21 de novembro de 1975, un dia despois do falecemento do dictador. O autor perdeuno en cambios de residencia. 20 anos máis tarde, atopouno e fíxose unha primeira edición expoñendoo no Instituto de Ensino Secundario de Fene, o 20 de novembro de 1995, reproducindose daquela en A Nosa Terra. En 1997 publicouse dando nome a un libro publicado por Espiral Maior.