ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O Consello da Xunta aprobou na súa reunión de hoxe o convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, o Concello de Vigo e Aguas de la Cuenca del Norte S.A para a execución das obras de saneamento de Vigo. A actuación hidráulica precisa dun orzamento total de 229,9 millóns de euros, dos que a Xunta de Galicia, a través de Augas de Galicia, achega un importe de 104 millóns de euros, que supo&nti
Cómpre recordar que o 26 de novembro de 2009 a Xunta de Galicia autorizou a superación de limite orzamentario e a reserva de crédito necesaria para a execución da depuradora. Despois do acordo acadado o pasado día 30 de xuño, entre Xunta, Ministerio e Concello de Vigo axustáronse as dispoñibilidades orzamentarias tendo en conta o tempo transcorrido, xustifica o Goberno galego nun comunicado.
O réxime de colaboración será o seguinte: Acuanorte licita, adxudica e dirixe as obras, a Xunta de Galicia cofinancia e asume as baixas e alzas das incidencias que se poidan producir ao longo da execución das obras e o Concello de Vigo será o titular das instalacións e asumirá a súa explotación unha vez rematadas as obras.
Respecto ao IVE, as instalacións serán entregadas por Acuanorte ao Concello de Vigo e, tal e como indica o convenio, o Concello ou a entidade por el designada para a explotación da actuación deberá aboar no prazo de trinta días desde a recepción da obra, os tributos que se devenguen pola entrega da infraestrutura hidráulica.
Unha vez asinado o convenio procederase á licitación das actuacións (por parte de Acuanorte), prevista para setembro de 2010.