Máis aforro enerxético

Máis aforro enerxético
06 de Outubro, 2022 - 12:37 h. | Publicada por Radio Fene

A vicepresidenta terceira do Goberno e ministra para a Transición Ecolóxica, Teresa Ribera, estivo esta mañá en Ares. Veu visitar o proxecto de modernización e mellora da eficiencia enerxética do alumeado con cargo ao programa DUS 5.000. Na visita estivo acompañada polo alcalde, Julio Iglesias, e polo delegado do Goberno, José Miñones.

ESCOITA O PODCAST:

O alcalde de Ares Julio Iglesias fala da visita da ministra de Transición Ecolóxica

http://173.255.131.18/audio/061022IGLESIAS.mp3

 

Teresa Ribera co alcalde de Ares Julio Iglesias

O programa DUS 5.000 ten unha dotación de 75 millóns de euros do Plan de Recuperación. Os fondos destínanse a favorecer a participación de concellos pequenos na transición enerxética mediante a mellora da eficiencia e o aforro en edificios e instalacións públicas. Poden acollerse a este plan concellos con menos de 5.000 habitantes ou aqueles de ata 20.000 se os seus núcleos de poboación teñen menos de 5.000. As achegas subvencionan o 85% do investimento.

 

 

Fotografía: Xan Xe

 

Institucional

Publica o teu comentario agora