ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
A medio camiño entre a cociña de autor e a experiencia de aventuras. Un xantar apropiado con respecto aos sabores das cousas ofrece o cociñeiro fenés Rubén Fernández Conde (1993) en Triboca, en Porto do Cabo, Valdoviño. Tratando de cociña, todos os peixes poden ir a ela. Pero tamén nas carnes, son experiencias gastronómicas que van máis alá do prato.

Perto da praia de Vilarrube, neste 2025 regresa cunha carta renovada. Este mes abre os fins de semana e en xullo de luns a venres pola tarde-noite de 20 a 23,30 e sábados e domingos de 13 a 23,30h. En Triboca empezamos con Roxóns afumados e seguimos con Focaccia de Pastrami de Black Angus, espeto á prancha e pemento vermello á brasa. De sobremesa, tiramisú feito ao momento e queixo con pexego asado con mel e aceite. Porque Galicia é queixeira. En todas as feiras galegas, nas máis en cestas e sobre de palla, ofrécense ao feirante os queixos da comarca, dicia o escritor Alvaro Cunqueiro.
Publica o teu comentario agora