Máis alumnos admitidos na Escola Infantil de Caranza

Máis alumnos admitidos na Escola Infantil de Caranza

14 de Xaneiro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A concelleira de Benestar Social, María López, informou de que as familias poden consultar xa no taboleiro de anuncios do Concello, ubicado no Rexistro Municipal, no da Escola Infantil de Caranza, así como no do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar a listaxe provisional de agarda de alumnos e alumnas no dito centro para o curso escolar 2010-2011. A este respecto, indicou que ata o vindeiro 30 de xaneiro se poden presentar as reclamacións na Escola Infantil, en hor

A concelleira María López explicou que forman parte desta nova listaxe persoas que formalizaran a súa solicitude no primeiro prazo extraordinario correspondente ao mes de setembro e cinco novas persoas que a presentaron fóra do segundo prazo que se abriu de modo extraordinario e rematou o pasado 30 de novembro: dous nen@s de 0 a 1 anos, outros dous de 1 a 2 anos e un de 2 a 3 anos. E ao fío disto lembrou que a totalidade das prazas das que dispón a Escola Infantil de Caranza foron xa cubertas con anterioridade (sete no grupo de 0 a 1 anos, 12 para nenos e nenas de 1 a 2 anos e 19 para os que teñen entre 2 e 3 anos). En total, son 38 nenos e nenas @s que fan uso destas instalacións municipais desde o inicio do presente curso escolar. A maiores, en todos os tramos de idade, hai unha praza reservada para casos de emerxencia do Concello. O número de nen@s en listaxe de agarda é de 29 (cinco de idades comprendidas entre 0 e 1 anos; 16 de 1 a 2 anos e oito de 2 a 3 anos).

A concelleira de Benestar Social lembrou que a de Caranza é a primeira Escola Infantil destas características da cidade. Foi posible grazas ao protocolo asinado hai dous anos entre o alcalde da cidade, Vicente Irisarri, e o entón vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, e a través do mesmo o Goberno galego comprometía unha serie de infraestruturas sociais para a cidade. Entre elas, unha segunda escola infantil, un centro de día, unha residencia de maiores, a construción de apartamentos tutelados, a posta en marcha dun centro de día e de transeúntes e unha ludoteca e lecoteca para os nenos e nenas da cidade, ademais do compromiso da Xunta de contribuír economicamente ao funcionamento da Oficina de Dependencia Local.

Sociedade