Máis concentradas

Máis concentradas
15 de Febreiro, 2023 - 12:09 h. | Publicada por Radio Fene

Vitoria do Maniños no Pote fronte ao último clasificado na decimo sexta xornada da Segunda División Galicia de Fútbol Feminino. Maniños 2-0 Obrero. Con este resultado,  o Maniños mantense na metade da táboa. 

ESCOITA O PODCAST:

Melloramos en concentración respecto ao partido anterior, salienta o adestrador Juanjo Iñiguez, Cebolo. Recoñece o talento goleador de Lorena Saavedra, que marcou os dous tantos, pero lembra que no fútbol quen gaña os partidos son os equipos. “Recuperamos varias xogadoras o que permitiu dar minutos no campo a xente que ata agoa non competira moito, por motivos de traballo ou de lesións”. Un bo resultado antes das dúas semanas de descanso na competición, que se retomará na fin de semana do 5 de marzo.

Deportes

Publica o teu comentario agora