Máis da metade do que comemos procede só de tres empresas

Máis da metade do que comemos procede só de tres empresas
14 de Xullo, 2025 - 12:26 h. | Publicada por Radio Fene

O 60% do que come a xente de Galicia procede de tres empresas afirmou en Fene a profesora e investigadora do Grupo de Economía Agroalimentaria e Medioambiental, Desenvolvemento Rural e Economía Social da Universidade de Santiago de Compostela Mar Pérez Fra. "Como consumidores debemos apoiar aos produtores locais pero tamén as administracións teñen que apostar de xeito firme polos ciclos curtos, porque cando os alimentos viaxan milleiros de quilómetros xeran grandes danos medio ambientais" concluíu non transcurso do espazo sobre "Feiras, mercados e prazas de abastos" realizado na Asociación Veciñal de Perlío. A iniciativa, conducida por Ana Santiago,  enmarcouse en "Onda Ods" de Emisoras Municipais Galegas, EMA, La Xarxa e a ReMC.

Fotografía Xan Xe

Tamén participaron o historiador da Fundación Juana de Vega Francisco García, a profesora da Escola de Artes e Oficios de Santiago Mónica Fernandez, o presidente da Agrupación Instrutiva de Caamouco Daniel García, a concelleira de Promoción Económica de Fene Anxeles Coira e a alcaldesa de Fene Sandra Permui. O Tradicoro encargouse da animación musical do programa. 

 

Na imaxe, entrega ao IES de Fene do premio do Certame Interinstitutos Onda Ods

Fotografía Xan Xe

Sociedade

Publica o teu comentario agora