ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 09:00 horas de hoxe. Segue declarada a “Situación 2” no incendio forestal rexistrado no concello pontevedrés de Soutomaior, parroquia homónima, por proximidade do lume ao núcleo habitado de San Martiño de Ventosela no concello de Redondela. O lume iniciouse ás 16:01 horas de onte e permanece activo. Segundo as últimas estimaci&oa
Situación 2 en Cotobade
Tamén permanece decretada a “Situación 2” no incendio forestal rexistrado no concello pontevedrés de Cotobade, parroquia de Tenorio, pola proximidade do lume ao lugar de Vilanova. O lume iniciouse ás 17:20 horas do luns e permanece activo polo de agora. Segundo as últimas estimacións provisionais, a superficie afectada é de 365 hectáreas. No seu control levan traballado 2 técnicos, 18 axentes, 33 brigadas, 18 motobombas, 6 pas, 15 helicópteros e 3 avións.
Activo lume en Pontevedra
Declarouse ás 23:35 horas de onte un incedio no concello de Pontevedra, parroquia de Lérez, que segundo as primeiras estimacións supera as 20 hectáreas. No seu control están traballando 1 técnico, 2 axentes, 5 brigadas e 4 motobombas.
Estabilizado Mondariz
Permanece estabilizado o incendio forestal rexistrado no concello pontevedrés de Mondariz, parroquia de Queimadelos. O lume comezou ás 22:16 horas do luns e quedou estabilizado ás 10:04 horas de onte. Segundo as últimas estimacións, a superficie afectada é de 160 hectáreas. No lugar levan traballado 2 técnicos, 12 axentes, 32 brigadas, 22 motobombas, 2 pas e 5 helicópteros.
Controlado Caldas de Reis
Quedou controlado ás 09:00 horas o lume localizado no concello pontevedrés de Caldas de Reis, parroquia de Saiar. O lume iniciouse ás 15:51 horas do luns e, segundo as últimas estimacións provisionais, a superficie afectada é de 290 hectáreas. No seu control levan traballado 3 técnicos, 18 axentes, 36 brigadas, 18 motobombas, 2 pas, 11 helicópteros e 2 avións.
Controlado lume en Cee
Ás 03.00 horas da madrugada quedaba controlado o incendio no concello coruñés de Cee, parroquia de Ameixenda. Comezaba ás 16:09 horas de onte e resultaron afectadas máis de 100 hectáreas pero só 21 de terreo forestal. Na súa extinción levan traballado 1 técnico, 5 axentes, 16 brigadas, 10 motobombas e 2 helicópteros.
A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.