ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
A II carreira popular Vila de Redondela contará coa participación de aló menos 200 corredores. Os participantes realizarán un percorrido de seis kilómetros que partirá dende o centro da vila en dirección a praia da Punta. A piscina municipal en colaboración coa concellería de deportes organizan o vindeiro domingo día 28 ás 10:30 horas a II carreira popular vila de Redondela. Os participantes deberán percorrer seis kiló
Os interesados en participar nesta carreira poden formalizar as súas inscricións, de xeito gratuíto, ata as 14:00 horas do día 27 de xuño, na Piscina Municipal de Redondela ou no correo electrónico redondela@serviocio.es . Para mais información pode chamarse ao teléfono da piscina 986 400 586, ou visitar a web www.correrengalicia.org onde hai un enlace no que se informa sobre o recorrido.
A organización establece premios consistentes en trofeos para os tres primeiros clasificados de cada categoría, un regalo para o último clasificado e un detalle para o primeiro abonado da Piscina Municipal de Redondela en chegar a meta. A carreira foi presentada na mañá de hoxe nun acto no que estiveron presentes o concelleiro de Deportes, Carlos González Fernández, e o director da Piscina Municipal, José Bamio, quen sinalou que “o ano pasado participaron na carreira arredor de cen corredores, este ano xa están anotados douscentos”.