Máis de 20.000 escolares sen clase en Galicia

Máis de 20.000 escolares sen clase en Galicia

02 de Decembro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

A neve e o xelo atascaron esta mañá boa parte das estradas de Galicia. As dificultades para o transporte fixeron que máis de 20.000 escolares quedaran sen clases, segundo datos provisionais da Consellería de Educación. Protección Civil recomenda evitar os desprazamentos que non sexan imprescindibeis.

As nevaradas comezaron na provincia da Coruña a primeiras horas desta mañá. O pronóstico de Meteogalicia indica que as temperaturas máis baixas poden deixarse notar entre as 12 deste mediodia e ata as 12 da noite.

Sociedade