Máis de 300 persoas morreron en Pontedeume na epidemia do cólera do século XIX

Máis de 300 persoas morreron en Pontedeume na epidemia do cólera do século XIX

01 de Outubro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

"Asistencia sanitaria e beneficiencia no cólera de 1854-55 en Pontedeume". Este é o título do último traballo gañador do XII Premio de Investigación Concello de Pontedeume. Unha obra de pescudas do profesor de Historia do IES de Breamo, Juan Carlos Vázquez Arias. Un traballo no que se dá conta dos máis de 300 mortos nesta vila pola epidemia de cólera nestes anos.

O traballo gañador de Vázquez Arias constitúe a segunda parte dun estudo que xa realizara. Neste primeiro, abondaba na doenza que atacou Pontedeume e toda España nos 54-55. Como consecuencia desta epidemia morreron máis de 300 persoas, a metade da poboación da vila eumesa.

Nesta segunda investigación, para a que se mergullar no arquivo municipal de Pontedeume, o autor afondar na asistencia sanitaria por parte dos doutores ee das axudas da beneficiencia aos afectados pola enfermidade. Unha asistencia municipal ante a escaseza de médicos e hospitais. A administración tiña a obriga de ofrecer aos enfermos atención domiciliaria. Tamén o concello encargábase dos custes denominados "gastos en botica". Medicamentos que encargaban ás farmacias.

Segundo explicou para Radiofusión, Juan Carlos Vázquez, esta epidemia enmárcase nun contexto de crise xeralizada. Eses anos, pontedeume sufriu unha pragas nas súas vides da que nunca se recuperou.

Moita pobreza e ruína. Constátase, nos plenos municipais, que o pánico invadiu ao pobo. Marchaba xente da vila que non volvía en meses ou en anos. De feito, o concello dá a orde á garda civil de non permitir a entrada aos que escaparon ata pasada a cuarentena para non contaxiarse.

Vázquez amósase satisfeito do recoñecemento que supón este premio. Un traballo que nos reflicte unha época da nosa historia da que xa botaran mans doutros escritores. Así, Gabriel García Márquez en "El amor en los tiempos del cólera" narra unha historia de amor ambientada nos tempos da epidemia desta doenza. Unha enfermidade, como apunta Vázquez Arias que azoutou España e outros moitos puntos do mundo no século XIX.

Cultura