ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O programa de Voluntariado Verde, promovido pola Concellería de Medio Ambiente do Concello de Ordes e patrocinado por Caixanova, puxo fin á súa programación para o 2010 cos obradoiros sobre reciclaxe que realizou nos diferentes centros educativos da vila e que levaron por título "Reciclaxe Divertida". Programa co que se pretendía que os máis xóvenes aprendan a separar os elementos do lixo e coñecer e empregar de forma axeitada os conte
Os obradoiros tiveron lugar durante os meses de novembro e decembro nas instalacións dos centros de ensino participantes. En total, máis de 400 nenos e nenas das escolas unitarias e dos CEIP Castelao e Mesón do Vento participaron nesta iniciativa coa que o departamento de medio ambiente do concello confía en que os rapaces cheguen a comprender as consecuencias de non separar ou separar incorrectamente e a poder decidir o que se pode reciclar dende os seus fogares.
Segundo palabras do concelleiro de Medio Ambiente, Jesús Pedreira, "con este novo ciclo de actividades que promovemos dentro do programa de Voluntariado Verde pretendemos facer reflexionar sobre o dano que facemos ao noso medio ambiente, especialmente ós nosos sitios naturais, coa incorrecta xestión do lixo".