Máis dun milleiro de disfraces no Entroido de Fene

Máis dun milleiro de disfraces no Entroido de Fene
05 de Marzo, 2025 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

Os Colludos, Os Argalleiros, As Xoaniñas de Chao, A Canteira do Puntal, ANPA Belén, Os Scratchados, A Revolta de Trasancos, Os Parrandolos, Troupele troupele, Artistas de Centieiras, Os Fenetásticos, Altri Non, OJE Ferrol, Santa Compaña, O Dragón Parrandolo e Paso a Paso. Son as 16 agrupacións que desfilarán esta tarde no Entroido de Fene. 

Fotografia Xan Xe

As comparsas concentraranse ás cinco e media da tarde diante do Círculo de Perlío, para iniciar ás 18 horas o percorrido polas rúas San Salvador, Marqués de Figueroa, Cruce de Fene, Avda. Naturais de Fene e Avda. do Concello. Ao chegar á Praza do alcalde Ramón Souto, terá lugar a actuación das comparsas, a lectura do Testamento (este ano redactado pola escritora fenesa Paula Carballeira), a queima do Entroido e o espectáculo pirotécnico (desde o Parque Castelao).

 

 

Imaxe do Entroido 2023.

Fotografía Xan Xe

 

Sociedade

Publica o teu comentario agora