Máis duro que un pedrolo

Máis duro que un pedrolo
22 de Abril, 2024 - 11:16 h. | Publicada por Radio Fene

Máis duro que un pedrolo. Maniños B 6 - 1 Mandiá. O resultado foi a sorpresa da xornada. O filial do Maniños amosou ser moi duro e logrou unha vitoria inapelable diante do Mandiá. Goles de Raul Allegue (3) Aitor, Iglesias e Adrián.

ESCOITA O PODCAST:

Conversa co coordinador do Maniños Pablo Mesa:

https://redefusion-eu.us.stackstaging.com/audio/220424PABLO.mp3

Fotografia Xan Xe

“Fomos superiores, os xogadores executaron á perfección o plan de partido, cun bo encontro” apunta o coordinador do Maniños Pablo Mesa quen conclúe: “Esperamos que o contundente resultado afortale a mentalidade do equipo”. Mesa tivo tamén unha lembranza para o adestrador do equipo Álvaro Dopico "Chiki" a quen a morte dun familiar impediu acudir nesta xornada ao partido. "Unha aperta para él, porque o importante son as persoas,e o fútbol é só un xogo, un entretenemento".

 

Fotografía Xan Xe

Deportes

Publica o teu comentario agora