ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Rafael Catoira amósase satisfeito coa súa novela O peso da memoria. O escritor natural de Culleredo considera que este segundo libro é “máis entretido” que o anterior titulado O Escultor.
“Á xente que a leu resultoulle máis doada de ler que a anterior e máis entretida. É unha obra que ten parte social e parte policíaca. Ao mellor non estamos ante unha novela negra. Non tomei ningún referente para escribila, senón que é o pouso das moitas lecturas que lin e a trama foi desenvolvéndose por si mesma”, explica Rafael Catoira, autor do libro O peso da memoria. Adela é a protagonista desta obra. Trátase dunha muller que ven dunha situación económica moi precaria e que empeza a medrar socialmente ao casar. "Ela é o verdadeiro motor da empresa familiar", afirma Catoira. Visitou os estudios de Radio Fene e participou no programa Clube de leitura de Radio Fene Radiofusión.
Publica o teu comentario agora