ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Novas obras de Eugenio Granell expoñeránse no Pazo de Bendaña de Santiago de Compostela dende o vindeiro 19 de xullo. Forman parte de pinturas do mestre do surrealismo e doutros autores.
O vindeiro día 19 de Xullo, ás 20h a Fundación Eugenio Granell retomará a súa programación habitual de actividades coa inauguración da importante exposición sancta sanctorum, e consecuentemente o seu espazo de creación. No legado, destaca a obra gráfica de Granell a nivel cuantitativo, un número considerable de grandes óleos, e un grupo interesantísimo de obra obxectual, tanto construcións como obxectos. Con respecto á obra gráfica, é de destacar a grande cantidade de cadernos de debuxo e bosquexos existentes nos novos fondos, conxunto que aporta unha valiosísima información sobre o proceso creativo de Granell. Ademais poderemos admirar unha extensa e salientable colección de grandes pezas de pintura pertencentes a dúas etapas moi significativas na traxectoria do artista: a súas primeiras obras realizadas na década dos corenta e cincuenta, así como unha excelente representación da súa etapa coñecida como Los Paisajes Mágicos. Nunha sala integramente dedicada á obra realizada na década dos noventa, é destacable o proceso de cambio sufrido na última etapa creativa do artista. A obra perde certo cariz barroco das etapas anteriores, esencializase: pon máis énfase no debuxo e traballa a cor sen valorar apenas a expresividade da pincelada, tan importante épocas anteriores.A mostra, a mais de achegarnos á creación de Granell en estado puro, amósanos a parte mais humana e entrañable do artista, que a Comisaria quixo reflectir a través dunha escolla de obra realizada xunto co súa esposa Amparo Segarrra, e dunha coidada selección dos obxectos persoais que sempre o acompañaron ó longo da súa vida coma os seus violíns, as súas maquinas de escribir…..