ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Queixo fresco e requeixo. De proximidade. Unha parella de Sillobre, Alejandra Romero e Eloy Seijas, elaboran e comercializan con moito éxito desde hai tres anos estes dous derivados lácteos co leite procedente da súa cabana vacuna. Falaron do seu negocio esta mañá en Radio Fene.
“Non hai atallo sen traballo, así que hai que andar”, di Eloy. Alejandra aprendeu facer queixo fresco dunha veciña, Ermitas, e requeixo de outra, Mérita. Estanlles moi agradecidos, a elas e a todas as persoas que os apoiaron. Agora fai cada día entre 15 e 35 queixos. Traballan baixo encarga e co leite sobrante elaboran requeixo. “Teñen moita saída” e véndenos tanto a particulares como en tendas. Ela mesma fai o reparto, nas tendas e a domicilio, entre as 7 e as 13 horas. O seu home, Eloy, ocúpase do coidado das gandería. Teñen oito vacas para muxir, de raza parda e tamén Jersey. O leite destas últimas é especial. “Ten moita proteína, moita graxa”, destaca Eloy. Producen sobre uns 200 litros de leite.
Venden en distintos establecementos. Tamén atenden encargas no teléfono 690 100 114. Reparten a domicilio e tamén se pode coller na súa casa, no lugar da Rañoa, número 14, Sillobre, entre as 15.30 a 17.30 horas.
Comentarios
Moitas grazas por invitarnos
Publica o teu comentario agora