Máis fresco, imposible

Máis fresco, imposible
17 de Abril, 2026 - 08:12 h. | Publicada por Radio Fene

Aberta ao público a peixaría que comercializa as capturas da Confraría de Barallobre. Inaugurouse esta mañá coa asistencia da alcaldesa de Fene, Sandra Permui, e da conselleira do Mar, Marta Villaverde. O patrón maior, Jorge López, falou da iniciativa esta mañá en Radio Fene.

ESCOITA O PODCAST:

Sen intermediarios. Das redes de pesca á bolsa da compra. Coa inauguración da súa peixería na lonxa do porto de Barallobre, a Confraría Santiago Apóstolo de Barallobre completa o ciclo alimentario. Ademais de extraer peixe e marisco agora comercializa directamente ao consumidor sen pasar por ningún intermediario. Con motivo da inauguración, a Confraría entregou un agasallo aos  20 primeiros clientes e na xornada de apertura tamén puxeron prezos especiais. O horario de apertura da peixaría é o seguinte: de luns a venres de 09.30 a 13.30 horas e os sábados de 09.30 a 12.00 horas

Sociedade

Publica o teu comentario agora