Máis luz nas tres avenidas de Fene

Alumeado, camiños e saneamento son as prioridades en Fene
29 de Novembro, 2018 - 02:06 h. | Publicada por Radio Fene

O Concello de Fene aproba obras por valor de 708.300,95 euros. O alcalde, Gumersindo Galego, avanza investimentos na renovación do alumeado, acondicionamento de camiños ou obras de alcantarillado. A proposta do goberno, integrado por PP e Somos Fene recibiu esta mañá luz verde do pleno municipal, reunido en sesión extraordinaria.

O Concello de Fene aprobou esta mañá en pleno unha modificación de crédito para financiar, con cargo ó remanente, unha serie de intervencións e obras por valor de 708.300,95 euros. Na mesma sesión, de carácter extraordinario, declarábanse as actuacións financieramente sustentables, paso
previo para a súa contratación.
Así as cousas, o alcalde, Gumersindo Galego, detallou que a proposta de intervencións planteada polo equipo de goberno que integran PP e Somos Fene
contempla tres actuacións en materia de alumeado público por valor conxunto de 107.843,84 euros. En concreto, a renovación das lámpadas na Avenida Conces, na Avenida Naturais de Fene e na Avenida Marqués de Figueroa. Así mesmo, a pavimentación de camiños e rúas tamén concentra unha parte importante do orzamento sinalado.

Destinaranse preto de 250.000 euros á pavimentación da rúa do Pachuzo- Camiño do Castro, O Penedo-Barallobre, Cadavás, Lameiras-Maniños, Camiño do cemiterio de Sillobre a Buio, e Piñeiro Manso-Maniños. O acondicionamento do entorno da Fonte do Campo, en Fene, requerirá dunha partida de 48.375,90 euros, namentras que as obras de mellora das gradas da pista de Centieiras recibirán preto de 40.000 euros. Cos fondos sinalados, o Concello tamén levará a cabo as obras de mellora do alcantarillado na Torre en Magalofes, con 67.047,96 euros, así como unha intervención de acondicionamento da Escola de Sillobre, por valor de 46.005,59 euros. A construción dun novo parque infantil nas inmediacións da casa consistorial afrontarase cunha partida de 48.238,03 euros e, por último, procederase ao acondicionamento do parque da Hortiña, en Limodre, cunha partida de 48.254,38 euros.

Institucional

Publica o teu comentario agora