Máis movemento, máis vida

Máis movemento, máis vida
12 de Marzo, 2026 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O Concello de Fene anímanos a coidar da nosa saúde cos distintos actos que organiza con motivo da celebración do Día Mundial da Actividade Física. A efeméride conmemórase o día 6 de abril. A concelleira de Deportes, Alba García Fariña, explicou en Radio Fene os obxectivos e a programación que desenvolverá o Concello en colaboración con Aspaneps.



 

ESCOITA O PODCAST:

Cunha andaina inclusiva, unha exposición e dúas xornadas informativas vaise conmemorar en Fene o Día Mundial da Actividade Física. Está aberto xa o prazo de inscrición para a xornada sobre estilos de vida saudables e mindfulness que se celebrará o 26 de marzo na Casa da Cultura. É unha das actividades que organiza o Concello en colaboración con Aspaneps. Tamén está prevista para o 12 de abril unha andaina inclusiva e unha exposición que rotará polas asociacións do concello e instalacións municipais. Máis movemento, máis vida é o lema desta programación para fomentar a actividade física e hábitos de vida saudables.

Institucional

Publica o teu comentario agora