ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Este venres, 30 de outubro, a partir das sete da tarde celebrarase, no Salón de Sesións do Concello, o pleno ordinario correspondente ao mes de outubro. O pleno será retransmitido integramente en directo pola radio municipal, Radio Allariz (107.2fm) ou a través da páxina web www.allariz.com.
A orde do día do pleno ordinario do mes de outubro céntrase nos seguintes puntos:
1. Aprobación, si procede, do borrador correspondente á sesión do 25/09/09.
2. Dar conta das resolucións adoptadas pola alcaldía desde a última sesión.
3. Adxudicación provisional de contratos de compravenda da enaxenación de parcelas sitas no Parque Empresarial de Chorente (SUI-1)
O Concello de Allariz dará conta do novo lote de parcelas vendidas no Parque Empresarial de Chorente de Allariz, baixo a política de comercialización das parcelas a 45€/m2. Con esta adxudicación son xa 25.000 os metros cadrados vendidos dende o inicio.
4. Aprobación, se procede, do cadro de tarifas do servizo de augas para o exercicio 2009.
5. Aprobación, se procede, do cadro de tarifas do servizo de saneamento para o exercicio 2009.
De acordo co contrato coa empresa concesionaria, procederase a aprobación, se procede, do cadro de tarifas dos servizos de auga e saneamento, correspondendo a subida ó IPC no caso do saneamento e do 5% no caso de abastecemento de auga.
6. Ratificación do Decreto de data 30/07/09 referente ó calendario de festas locais 2010.
En común acordo con entidades, asociacións e comerciantes de Allariz manteranse os festivos locais habituais, martes de Entroido e venres da Festa do Boi.
7. Ratificación do Decreto de data 19/10/09 correspondente á memoria de rehabilitación do casco histórico.
8. Moción do BNG solicitando da Xunta de Galicia o mantemento das previsións orzamentarias para a execución da variante de Allariz e Val da Rabeda.
O bloque Nacionalista Galego de Allariz presentará unha moción solicitando á Xunta de Galicia o mantemento das previsións orzamentarias correspondentes á execución da circunvalación de Allariz e o Val da Rabeda apoiando que a Xunta de Galicia eliminou para o 2010 as consignacións orzamentarias para a execución destes dous proxectos, imposibilitando e incumprindo o acordo global subscrito.
9. Moción do PP en contra da subida de impostos prevista polo Goberno nos Orzamentos Xerais do Estado para 2010.
10. Moción do PP relativa á aplicación de recursos do fondo estatal de inversión local para o pago dos gastos correntes das Entidades Locais e o mantemento dos servizos básicos que prestan ós cidadáns.
11. Moción do PP relativa á reforma do goberno local e a súa financiación.
12. Moción do PP para a elaboración e posta en marcha dun plan municipal de continxencia fronte á gripe A.
13. Rogos e preguntas.