Máis picardía

Máis picardía
24 de Xaneiro, 2024 - 12:01 h. | Publicada por Radio Fene

“Xogamos ben, merecemos algo máis”, opina o adestrador do Maniños feminino. Non  estivo afortunado o equipo no comezo da segunda volva da Segunda Galicia. Maniños 0-2 Sporting Meicende. 

ESCOITA O PODCAST:

“Tivemos dous erros na segunda parte que penalizan moito”, apunta Juanjo Iñiguez, Cebolo. “Os demais equipos non desaproveitan as oportunidades, nós necesitamos moitas para facer un gol”, explica o míster. “Fáltanos picardía e veteranía e saber xogar algunha clase de partidos”. Para a próxima xornada, o sábado, o equipo de Maniños viaxará a Santa Comba para intentar traer os tres puntos do partido contra o Xallas.

Deportes

Publica o teu comentario agora