ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O IES de Fene fai un labor positivo para a rapazada e para a comarca. O que fai a Xunta de Galicia é condenar ao centro á extinción da FP Dual. Sería un impacto moi negativo para o emprego na comarca, ao non contar cun profesorado destinado ao seguimento dos rapaces e rapazas coas súas prácticas nas empresas. Manifestouno así a concelleira do PSOE de Fene Mar Piñeiro.
O centro do Pazo conta con 439 alumnos, dos que 172 corresponden a Formación Profesional. Incorporouse á FP Dual, o que supoñía contar cunha persoa no centro a tempo completo destinada á xestión desas ensinanzas, así como á comunicación co tecido empresarial. Neste curso, a Xunta de Galicia excluíu ao Instituto da Rede Galega de dinamización da relación con empresas na FP no curso 2022/2023, co que deixa de contar con esa figura. Non se coñece a baremación nin os criterios obxectivos que xustificaron esa decisión. Por ese motivo a deputada do PSOE Begoña Rodriguez presentou unha proposición non de lei instando á Consellería de Educación a publicar no DOGA o baremo empregado para decidir os centros que conformarán a Rede de dinamización.
Na imaxe, a concelleira do PSOE de Fene Mar Piñeiro
Publica o teu comentario agora