ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O Concello de Fene organiza unha nova sesión do programa “Máis que un teito” para orientar ás familias con fillos e fillas adolescentes sobre o problema das adiccións. Vaina impartir Asfedro o mércores, día 7, e tratará sobre o papel da familia na prevención das adiccións. Na Casa da Cultura, ás seis e media da tarde. O prazo de inscrición está aberto ata a véspera. Falamos desta iniciativa coa fenesa Olaia Salorio, que é a xerente de Asfedro
“Animo ás familias de Fene a acudir a estas formacións” que imparten técnicos de Asfedro contratados polos concellos de Fene, Neda e Mugardos, que contan cunha subvención da consellería de Sanidade. “A adolescencia é o momento dos primeiros contactos, no que é fundamental intervir”, asegurou. O programa inclúe sesións informativas para as familias e tamén nos centros escolares. “Traballamos en dous ámbitos escolar e familiar. É importante a formación nos centros educativos, pero tamén que as familias se impliquen e saiban detectar o problema, básicamente trátase de orientar ás familias na problemática das adicións que aparecen na adolescencia”.
Publica o teu comentario agora