ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Prevención ou abordaxe de conflitos nas familias, tema dunha nova sesión do programa "Máis que un teito" que anunciou en Radio Fene María Xosé Paz, pedagoga do Concello de Fene.

Que é un conflito, diferentes formas para resolvelo, como axudar ás crianzas a resolver un conflito ou ferramentas a utilizar na resolución de conflitos tendo en conta a educación emocional, a disciplina positiva e a comunicación non violenta. Son algunhas das cuestións que se abordarán este luns, 31 de marzo, ás 18.30 horas, nunha nova sesión do ciclo para familias "Máis que un teito", organizado polas Concellerías de Servizos Sociais dos Concellos de Fene, Mugardos e Neda. A sesión será impartida por Andrea Bechlian, psicóloga e educadora de disciplina positiva. O encontro desenvolverase no salón de actos da Casa da Cultura de Fene con entrada libre e de balde ate completar o aforo, aínda que, no caso de precisar servizo de conciliación para atender ás crianzas, cómpre anotarse.
Publica o teu comentario agora