Máis ritmo e circulación no partido

Máis ritmo e circulación no partido
21 de Febreiro, 2022 - 11:05 h. | Publicada por Radio Fene

Dous goles de Iago Seijo permitiron ao Cultural Maniños gañar o encontro fronte ao Cedeira. Partido da Primeira Galicia de fútbol xogado na tarde do domingo no campo do Pote de Maniños. 

ESCOITA O PODCAST:

http://173.255.131.18/audio/210222MESA.mp3
Fotografía: Xan Xe Corral

Fotografía Xan Xe

“Nun erro noso logran o empate ,volvemos estar dubitativos e eles tiveron ocasións. No descanso axustamos e corriximos e démoslle máis ritmo e circulación ao partido, metendo catro dianteiros e entradas por banda acumulando xente arriba” apunta o técnico do Maniños Pablo Mesa, quen salienta que non se sentiu favorecido polo traballo arbitral a pesar das protestas do Cedeira. Nunha falta lateral ao remate do partido, Iago colle un rexeite e mete o gol da vitoria para o equipo local. 
 

Deportes

Publica o teu comentario agora