ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Unhas novas barreiras de protección adaptadas para os motoristas ven de instalar a Xunta de Galicia nun tramo de 16 quilómetros da calzada da autovía entre Santiago e Ourense. Os novos sistemas instaláronse en todas as curvas cun radio igual ou inferior a 750 metros, segundo informa o goberno autónomo.
A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas vén de rematar os traballos e adaptación dos sistemas de protección de motoristas na AG-53 (Santiago- Ourense), nos tramo comprendido entre o punto quilométrico 59+915 e 85+892, da calzada dereita, e entre os pk 56+254 e 86+373, da esquerda. A Xunta de Galicia achegou un orzamento de case 400.000 euros para a súa execución, unha actividade que se atopaba incluída dentro do contrato de obras de conservación integral.
A adaptación do sistema de contención proxectouse sobre 8.813 metros na calzada dereita e 7.321 na esquerda, sumando preto de 16 quilómetros. A Dirección Xeral de Infraestruturas sinalou que era preciso dispoñer dos sistemas adicionais para protección dos motoristas nas barreiras metálicas no exterior de toda curva cuxo radio sexa igual ou inferior a 750 metros.
Con esta actuación preténdese mellorar a seguridade dos motoristas, reducindo consecuentemente a sinistralidade que as antigas contencións provocaban.