ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O Concello de Fene abre a inscrición para o XV Concurso de Tapas. O certame celebrarase do 4 ao 13 de abril coa finalidade de promover e dinamizar a hostalería local. Os establecementos interesados poden inscribirse até o 10 de marzo a través do Rexistro municipal ou na sede electrónica.
Nova edición do Concurso de Tapas de Fene. O Concello de Fene está a organizar unha a decimo quinta edición desta saborosa competición que ten o obxectivo de promover a actividade da hostalería local. A iniciativa busca incentivar a especialización e a mellora da calidade das tapas, consolidando os petiscos como unha referencia gastronómica no municipio. A concelleira de Promoción Económica, Ángeles Coira, destacou que “é unha excelente oportunidade para que os locais de hostalería mostren a súa creatividade e ofrezan propostas innovadoras”.
Publica o teu comentario agora