ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O Concello de Fene pon a punto o río Cádavo para facilitar o paso da auga e previr enchentes. Desde onte realízanse traballos de limpeza das marxes do río ao seu paso pola zonaa urbana do concello, informou a concelleira de Medio Ambiente, Cristina Garcia Moroño.

O Concello de Fene inviste 8.929 euros na limpeza do río Cádavo para evitar futuros riscos, sinalou a concelleira. Encárgase dos traballos a empresa Vakarsy. Trabállase na limpeza das marxes e do cauce, desbroce manual e mecánico da vexetación que impida o fluxo da auga e retirada e transporte do material ás instalacións municipais para a súa xestión e reciclaxe. As tarefas comezaron desde a avenida Naturais, na zon onde se atopa San Ros, ata o tramo final do curso, na parte máis baixa. Catro operarios levan a cabo estes labores. Prolongaranse ata completar a limpeza, terán unha duración aproximada de dúas semanas, aínda que o prazo de execución dependerá tanto das condicións meteorolóxicas como do estado do cauce.
.
Publica o teu comentario agora