Máis viño que nas rías baixas

Máis viño que nas rías baixas
26 de Outubro, 2020 - 10:46 h. | Publicada por Radio Fene

Máis viño na comarca do Eume e nas Mariñas de Betanzos que nas rias baixas ou no val do Ulla. Esa era a situación do século XVIII segundo nos indica Eva González, da oficina de turismo de Cabanas. En Cabanas, na parroquia de Irís hai un microclima que aínda permite hoxe o cultivo da vide.

ESCOITA O PODCAST:

Eva González da oficina de turismo de Cabanas fálanos da entrada das fragas do Eume desde Irís

http://173.255.131.18/audio/261020GONZALEZ.mp3

O río Eume ao seu paso por Cabanas

Na igrexa parroquial de Santo Estebo de Irís atopamos un sepulcro do século XVI. A tumba de Frei Odemio das Mariñas, posiblemente un prior monacal de Caaveiro, da familia dos Andrade. O templo pódese visitar os domingos ás 11 da mañá. Unha boa proposta consiste na visita á igrexa e na posterior entrada nas fragas do Eume. As persoas con máis forma física poden chegar ata o mosteiro de Caaveiro.

 

Sociedade

Publica o teu comentario agora