"Máis vivas que nunca"

"Máis vivas que nunca"
16 de Agosto, 2024 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

Este é o título que as Leria lle teñen dado á súa xira de presentación do seu primeiro disco longo “Marusía”

ESCOITA O PODCAST:

Leria son Mayra Vila (voz e guitarra), Helena Barreiro (batería e coros), Itzi de Blas (baixo e coros) e Andrea López (teclados e coros); catro rapazas da Coruña que non superan os 25 anos, e que empezaron a facerse escoitar nas rúas da Coruña. A xente paraba a escoitalas, empezaron a seguilas en redes sociais e o boca a boca fixo o resto, acabaron conseguindo editar o seu primeiro disco con esas cancións que cantaban na Mariña coruñesa.

“Marusía” é un disco cheo de indie en galego e resposta ao espírito destas rapazas que  “soben ao escenario a facer o que lles peta”, iso si, con letras con mensaxes tan claros como contundentes pero tamén divertidos. 

 

Cultura

Publica o teu comentario agora