Mámoa Teatro estrea comedia

Mámoa Teatro estrea comedia

02 de Decembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A compañía “A Mámoa Teatro” de Teo porá en escea o vindeiro domingo día 6, ás sete da tarde, a comedia titulada “Só unha noite”. Escrita e dirixida por Ramón Parajó, a obra é unha comedia de enredo cuia acción transcorre nun prazo de 24 horas que se traducen en cen minutos de trama trepidante sobre o escenario. A representación, patrocinada polo Concello de Teo e a Deputación de A Coru&ntild

“A Mámoa Teatro” quere con esta nova montaxe seguir sendo fiel aos seus principios que non son outros que intentar divertir e entreter ó público.

En “Só unha noite”, vale todo con tal de que Arturo lle “coloque” o seu chalé a Euloxio a bó prezo e conseguir un emprego ben remunerado. Asimesmo vale tamén todo para que Manuela, a súa dona, non saiba de certos “máis ou menos” que Arturo tivo con Simone, unha deliciosa parisino/catalá, ou mesmo con Rosita, a muller de Euloxio. Inda por riba vénse meter por medio Miguel, o irmán de Manuela, un ligón de profisión que ten debilidade por todo o que se move e leva saias….

Se xa non saben quén é a parella de cada quen non queden coa intriga. O vindeiro domingo teñen a oportunidade de descobrir o remate deste enredo.

Cultura