A máquina das festas en marcha

A máquina das festas en marcha
10 de Xuño, 2025 - 10:49 h. | Publicada por Radio Fene

A maquinaria das festas ponse en marcha. Tanto en Sillobre como en Perlío principian as actividades para impregnar as parroquias de ambiente festivo e tamén para comezar coa recaudación dos fondos necesarios para pagar os festexos. 

Fotografia Xan Xe

Sorteo en Perlío a beneficio das festas do 8,9 e 10 de agosto. Un carro con medio porquiño e produtos valorados en 2000 euros. A rifa véndese ao prezo de un euro. Gañará a rifa que coincida coas catro últimas cifras do cupón da ONCE do 16 de agosto.

 

E xa para esta fin de semana, churrascada a beneficio das festas de Sillobre. Este sábado catorce de xuño a partir das nove e media no local de Agarimo. Nuria Boreal arrufar o baile posterior. Ultimos dias para anotarse. En Sillobre as festas comezarán o 18 e o 19 de xullo. Logo haberá tamén o San Ramón , 30, 31 de agosto e 1 de setembro. En Perlio honrarán ao patrón os dias 9 e 10 de agosto.

 

Na imaxe, festas do verán en Perlío. 2024

Fotografía Xan Xe.

Sociedade

Publica o teu comentario agora