ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Olímpico 2 - 1 Maniños. Momento de máxima esixencia na liga da Primeira Futgal. Os do Pote adiantáronse no marcador, pero pouco durou a alegría. No minuto 16 e no 48 chegaron os goles do equipo de Vilaboa. Victoria, Maniños, Orillamar e Olímpico dispútanse a praza de ascenso directo e as dúas de promoción. O Victoria, primeiro na táboa, ten un calendario complicado, xa que se enfronta nas dúas últimas xornadas, ao Orillamar e ao Olímpico. O Maniños recibe ao Cedeira e visita ao Oza.
"Non fomos quen de xerar ocasións de perigo pero temos que intentar volver ao noso nivel" indica o adestrador do Maniños Adrián Martinez.
Fotografía Xan Xe
Publica o teu comentario agora