Máxima prioridade

Melloraa no abastecemento
21 de Xaneiro, 2025 - 06:47 h. | Publicada por Radio Fene

O Concello de Fene inicia as obras de mellora do abastecemento en Tellerías. Esta actuación, considerada de “máxima prioridade”, contempla a substitución da rede actual por materiais máis eficientes e duradeiros. Obras, financiadas polo POS+ 2023, foron adxudicadas por 53.500 euros e estarán finalizadas en 3 meses.  

O Concello de Fene dá outro paso na mellora da rede de abastecemento, co inicio esta semana dos traballos en Tellerías. Un proxecto consistente na substitución das actuais tubaxes de fibrocemento, que presentan un notábel deterioro, por conducións de polietileno de alta densidade, material máis resistente eficiente que mellorará a calidade do subministro para as 18 vivendas da zona.

O concelleiro de Obras, Manuel Polo, indicou que esta obra foi considerada “de máxima prioridade” no ‘Estudo para a mellora da rede de abastecemento municipal’ realizado polo Goberno local o pasado verán. “Unha actuación necesaria para modernizar as nosas infraestruturas e ofrecer un servizo básico en óptimas condicións”, indicou Polo. Esta iniciativa forma parte dunha estratexia máis ampla do Concello de Fene para avanzar na mellora dos 7.746 metros da rede de abastecemento nos que é preciso actuar de forma prioritaria. De feito, en paralelo ás obras en Tellerías, está en marcha outra actuación semellante na rúa Travesa e Camiño do Inferniño, iniciada a semana pasada. 

Institucional

Publica o teu comentario agora