ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
O número de prazas por clase baixará a 22 en Infantil e Primaria e a 25 na ESO nos centros públicos e concertados. O máximo de horas lectivas dos docentes situarase en 23 nos colexios e 18 nos Institutos. Contemplase así no anteproxecto de lei elaborado polo goberno e aprobado o pasado xoves no Consello Escolar do Estado. O executivo confía en aprobar a lei antes do remate deste curso escolar.

A secretaria nacional da CIG-Ensino, Laura Arroxo, participou no Consello Escolar do Estado e indicou que ese fora o único punto abordado.
Oferta pública docente
Arroxo tamén censurou a oferta pública docente anunciada dias atrás pola Xunta de Galicia. Detallou as prazas convocadas nas oposicións docentes nos últimos sete anos para demostrar "unha vez máis que o conselleiro de Educación mente e manipula sen rubor porque como se pode comprobar a deste ano é a peor oferta pública docente desde 2018, con apenas 1.388 prazas da quenda libre convocadas (sen contar as de discapacidade e de promoción interna), moi lonxe das 2.276 do ano 2020 por exemplo. A tendencia é claramente descendente neste período de tempo, o que choca cos anuncios triunfalistas e propagandísticos do conselleiro. "De ser certo que a Consellaría ten intención de implementar a recuperación horaria do profesorado de Secundaria, FP e ensinanzas de réxime especial -engade-, isto tiña que notarse tanto na convocatoria de prazas para as oposicións como nas vacantes que se van convocar no concurso de traslados para funcionariado de carreira. Nin unha cifra nin outra demostra que a Consellaría teña intención de incrementar os cadros de persoal destas ensinanzas".
Publica o teu comentario agora