ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O PSOE de Fene propón un reforzo de persoal na área económica do Concello para axilizar o período medio de pago a provedores. “Facer o máximo esforzo”, pide o voceiro socialista, Joaquín Ayala, para que o Concello aboe as facturas con máis rapidez e dentro dos trinta días previstos pola Lei.
“Hai moitas facturas atrasadas”, critica o voceiro do PSOE no Concello de Fene, polo que pide tomar medidas destinadas a “axilizar os ingresos para facer fronte a eses pagos”. Dar solucións ao aparcamento na Avenida Naturais de Fene, estudar a posible compra dun novo camión de recollida do lixo e a limpeza do río Cádavo son outras propostas dos socialistas. “Estamos aquí para aportar”, apuntou Ayala.
Publica o teu comentario agora