Máximos goleadores

Máximos goleadores
06 de Novembro, 2018 - 10:31 h. | Publicada por Radio Fene

Cristian Taboada do Carral é polo momento o máximo goleador do grupo de Coruña Ferrol da Primeira Galicia de fútbol. Leva sete goles nos dez partidos xogados. Anotan seis tantos na súa conta particular Jorge Raña do Victoria, Gómez (Brexo Lema) Amado (Mugardos) e Castro (Eume). Con cinco goles figura Dani Fariña do Narón. Os máximos goleadores do Maniños son Javi González e Carlos Gómez, con tres acertos cada un.

 

Cedeira 1 - 0 Maniños. 4-11-2018

A máxima igualdade entre os equipos caracteriza a competición nesta categoría. O último clasificado, o Ortigueira, foi quen de vencer ao primeiro, o Victoria. Nos primeiros postos da táboa, ademais do equipo coruñés, figuran o Mugardos, Narón, Carral e Betanzos. O conxunto da cidade dos cabaleiros visita a próxima xornada o Pote de Maniños. Calquera lle pode gañar a calquera.

Deportes

Publica o teu comentario agora