Médicos do Mundo: A lexislacións máis duras, máis abortos.

Médicos do Mundo: A lexislacións máis duras, máis abortos.

08 de Xullo, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Burela

Ante a posible aprobación en Consello de Ministros do anteproxecto da lei do aborto, Médicos do Mundo e as sociedades científico-sanitarias que subscriben este comunicado, federadas na Sociedade Española de Saúde Pública e Administración Sanitaria (SESPAS): a Asociación de Enfermaría Comunitaria (AEC), a Asociación madrileña de Saúde Pública (AMaSaP) e a Sociedade Española de Saúde Ambiental (SESA), in

A norma impón ademais unha demora dos tempos que pode afectar negativamente aos prazos recomendables para un aborto seguro e incrementará a brecha de desigualdade social e económica: as mulleres con suficientes recursos económicos evitarán ese calvario e buscarán a forma de interromper o seu embarazo fóra do noso país, mentres que as mulleres sen recursos recorrerán a abortos inseguros ou se verán obrigadas a facer fronte a embarazos non desexados.
As consecuencias negativas desta norma, no caso de que supere o trámite parlamentario, serán especialmente duras para as mulleres en situación de exclusión social, para as que sobreviven con rendas máis baixas e para as inmigrantes sen acceso á sanidade. Ademais de pór en perigo as súas vidas, a norma enfrontaraas a un clima de rexeitamento e estigmatización.
Desde a súa experiencia médico-humanitaria, estas organizacións queren lembrar que os abortos en condicións de risco causan a morte de case 50.000 mulleres no mundo, cada ano e causan a invalidez temporal ou permanente doutros 8 millóns.
A interrupción legal do embarazo é unha das intervencións máis seguras nos países desenvolvidos (menos de 1 morte por cada 100.000 intervencións), mentres que os abortos inseguros implican un risco de morte de 220 veces maior.

A lexislacións máis duras, máis abortos

Hai evidencia de que o número de abortos inducidos é menor nos países que teñen unha lexislación liberal en comparación cos que manteñen unha restritiva. Por exemplo, a taxa de aborto é de 29 por cada 1000 mulleres en idade de procrear en África e 32 por cada 1000 en América Latina, zonas onde a maioría das leis prohiben esta práctica. Con todo, en Europa Occidental, onde as leis relativas ao aborto son xeralmente máis liberais, esta taxa é do 12 por 1000. Dito doutra maneira, as leis restritivas de acceso á interrupción voluntaria do embarazo non conseguen reducir o número de abortos.
Ademais, con esta lei, España nadará contracorriente do contexto europeo, no que todos os países europeos con excepción de Malta, Irlanda e Polonia contan con leis de prazos ou de supostos. Un proxecto de lei que contradi as recomendacións dos organismos de dereitos humanos e é contrario aos compromisos internacionais subscritos por España ante Nacións Unidas, dos cales terá que render contas ante a Asemblea Xeral de Nacións Unidas o próximo mes de setembro.
Por último, estas organizacións esixen ao executivo a restitución do modelo sanitario universal vixente no noso país até a entrada en vigor da reforma sanitaria, que deixa ao colectivo de mulleres inmigrantes en situación administrativa irregular en situación de especial vulnerabilidade.

Sociedade