Mélissa Laveaux actua o sábado en Ferrol

Mélissa Laveaux actua o sábado en Ferrol

28 de Setembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A xove cantautora canadiense de orixe haitiano, Mélissa Laveaux completa xira por España entre finais de setembro e comezos de outubro. Presenta o seu novo album de debut Camphor & Copper. Laveaux revolucionou a escea indie folc coa súa irresistible fusión de influencias culturais: cancion de autor, soul, ritmos crioulos, jazz, bossa nova, ...

No seu disco de debut Mélissa Laveaux impresiona polo equilibrio entre madurez e frescura, polo impacto poético das súas letras e por unha voz que se desplega maxestuosa e fráxil, profunda, sensual e gorentosamente xuvenil. Pasease con soltura polo francés, o inglés e o crioulo e constitue unha das grandes sorpresas musicais do ano.  


No BAM 2009 de Barcelona ofreceu o 24 de setembro un emocionante e multitudinario concerto. A xira continuará o xoves 1 de outubro no Café La Palma de Madrid, o venres 2 no Kafe Antzokia de Bilbao e o sábado 3 no Teatro Xofre de Ferrol. En xullo pasado actuou no Mar de Músicas de Cartagena e no Jazzaldia de Donostia.

Cultura