Méndez Romeu dá o paso para ser candidato do PSdeG entre críticas de González Formoso

Méndez Romeu dá o paso para ser candidato do PSdeG entre críticas de González Formoso

06 de Maio, 2016 - 12:00 h. | Publicada por

Anticipándose a unha comparecencia pública para anunciar publicamente oque xa era un secreto a voces, José Luis Méndez Romeu, o voceiro parlamentario do PSdeG, confirmou a través dun chío no seu perfil na rede social Twitter que se presenta ás primarias do partido para ser escollido como candidato á presidir a Xunta de Galicia. Así, Méndez Romeu é

Méndez Romeu, un veterano da política galega, asociado aos gobernos de Francisco Vázquez na Coruña, foi gañando relevo no grupo parlamentario até asumir a portavocía que non podía ocupar o ex secretario xeral José Ramón Gómez Besteiro por non contar con acta de deputado autonómico. Agora busca dalgún modo poñerlle o ramo á súa traxectoria no seo do partido aspirando a ser o cabeza de cartel nos comicios do outono, algo para o que podería contar con outro veterano e voz autorizada no PSOE, o alcalde de Vigo Abel Caballero, aparentemente máis próximo a el que a outros candidatos. 
Institucional