Móllate polo galego en Rianxo

Móllate polo galego en Rianxo

10 de Setembro, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Neria

O vindeiro mércores, 12 de setembro, será presentada no Concello de Rianxo, ás doce do mediodía, a campaña "Móllate polo galego", destinada a aumentar a sensibilidade dos mozos polo idioma galego. Na presentación estarán o músico e actor Tonhito de Poi, ex compoñente de Heredeiros da Crus que agora milita en Rasa Loba; o alcalde de Rianxo, Adolfo Muíños, e un dos integrantes de Certo, diario dixital do Barban

"MÓLLATE POLO GALEGO": CAMPAÑA ACUÁTICA

Acuática será esta campaña presentada por Tonhito de Poi. O evento realizaráse no mellor espazo estival que ten Rianxo -Tanxil-, xa no límite do verán co outono, o sábado 22 de setembro. Na presentación daranse os detalles da xornada, que ten como obxectivo concienciar á mocidade sobre a importancia de empregar a lingua propia de Galicia en todos os eidos, e tamén de xeito lúdico e artístico.

QUE É VITAMINAS PARA O GALEGO?
O idioma galego necesita vitaminas. A lingua galega precisa de axudas. Entre os apoios fundamentais figuran os medios de comunicación que empregan, prestixian e difunden o xeito de falar dos habitantes do Noroeste da Península Ibérica. A pluralidade de linguas é unha riqueza cultural que a humanidade debe protexer e cultivar. Para espallar esta idea xorde o proxecto "Vitaminas para o galego", impulsado por medios en galego.

QUEN IMPULSA VITAMINAS?
A plataforma Vitaminas para o Galego está artellada polos medios de comunicación: Galicia ConfidencialTempos NovosRadiofusiónPraza PúblicaNovas da GalizaVal Miñor.info e Quepasanacosta

Medios colaboradores: Certo xornal dixital de Barbanza e Noia, Osil.info de Valdeorras,  Crónica3 da Mariña Lucense, Radio Nordés (Cadena Ser Costa da Morte), Terra Chá.Xa, Crónicas da Comarca (Arzúa – Melide), a revista de surf SurfGZCadernos de Comunicación e Análise; O periódico de Lalín e Comarca; Hermes e Atenea, xornal en galego de deporte e cultura; Disquecool, o medio de tendencias made in Galicia; O xornal De Luns a VenresCabozo, a rede social galega; a rede de blogues Vencello; Cartafol, a revista multimedia para Ipad; A Nova Peneira ,o programa radiofónico Plástico Elástico Revista Kubus, Compas da Costa, Ábrete de Orellas, Televinte Chantada e Fervenzas Literarias.

Sociedade