ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Limpeza de ríos en Fene. As asociacións ecoloxistas AETNA e Betula, coa colaboración da Concellería de Medio Ambiente, súmanse un ano máis á campaña simultánea dos ríos galegos que promove Adega .

A decimo novena edición da campaña Móllate polos ríos. desenvolverase o domingo, día 4 de outubro. Este ano en Fene desprazaranse ata a zona de Vilar do Colo, segundo anunciou a presidenta de AETNA, María Xosé García. As persoas participantes irán provistas de material, botas e luvas que lles proporcionará a organización e que facilita o Concello de Fene. A cita é ás dez da mañá en cada unha das asociacións para comezar o traballo media hora despois distribuídos por equipos de 5 ou 6 persoas. Agárdase que a xornada remate contra a unha e media do mediodía. Esta campaña axuda a manter os ríos máis limpos e tamén a sensibilizar ás persoas da importancia de conservar o medio. María Xosé García explica que hoxe en día hai máis conciencia e iso nótase no estado dos ríos. Destacou tamén que "debido á seca vai moi baixiños".
Publica o teu comentario agora